Aspromor nos Maios de 1800


Aspromor celebrou a festa dos “Maios” facendo honra os nosos antepasados campesiños e ataviándonos de vestimenta recordando  tempos pasados.

Coma sempre, a celebración foi na Praza Isabel II e puidemos disfrutar dunha xornada interxeracional na que participaron os nenos e nenas de Patucos, Galiña Azul, C.EI.P Xosé María Lage e I.E.S de Ortigueira e Maiores da Residencia de Ancianos facendo a alfombra floral e leendo as diferentes coplas que tiñan preparadas.

Para finalizar o día, os/as usuarios/as de ASPROMOR cantaron a canción de “A sementeira” do emblemático grupo galego Fuxan os Ventos e acompañaron as súas voces con pandeiretas, cunchas, lata de pimentón e sacho.

Ademais os nosos bailadores Puri e Jesús montaron festa no torreiro a ritmo de muiñeira.

     

 

Facebooktwittergoogle_plusredditpinterestlinkedinmail