ASPROMOR celebra «Os Maios» na Praza Isabel II


Como cada ano, os/as usuarios/as de ASPROMOR, participaron no encontro interxeracional de «Os Maios» organizado pola Residencia Dolores Díaz Dávila de Ortigueira.

Os/as usuarios/as de ASPROMOR colaboraron na elaboración da alfombra floral , na decoración da estructura do Maio, na árbore dos desexos a favor das mulleres e como broche final cantaron » A sementeira» e «O carro» interpretando unha estampa labrega (refregando millo) das de hai algún día.

Tivemos a sorte de bailar ó son da Escola de Gaitas de Ortigueira e pasar unha mañá diferente rodeados/as de amigos e veciños de Ortigueira.

¡Viva os maios e viva ASPROMOR!

Facebooktwittergoogle_plusredditpinterestlinkedinmail