O Centro de Día para persoas con discapacidade intelectual é un Servizo de estancia diúrna asistencial que proporciona unha atención integral durante o período diúrno ás persoas con necesidades de apoio extenso e xeneralizado, co obxectivo de mellorar ou manter o mellor nivel posible de autonomía persoal.

Algúns/has teñen unha idade avanzada, déficit de autonomía e dificultades motoras, relacionais e de comunicación.

Neste espazo os/as usuarios/as adquiren hábitos de autonomía e rutinas diarias que favorecen a súa independencia e mobilidade corporal. Aprenden a relacionarse cos seus compañeiros/as e co persoal, adquirindo unhas pautas de comunicación verbal ou alternativa que axuden a súa relación co entorno e coas persoas.

As actividades que se realizan no Centro de Día están orientadas a xerar un entorno de confianza no/na usuario/a, utilizando para isto, entre outros, os talleres de comunicación, os obradoiros de expresión plástica e corporal as actividades de ocio, etc.

Son persoas usuarias deste servizo homes e mulleres con discapacidade intelectual pertencentes aos Concellos de Ortigueira, Cariño e Mañón que asisten diariamente, de luns a venres, dende os seus domicilios. De xeito complementario, establécese un servizo de transporte pola mañá e outro pola tarde entre as localidades de orixe das persoas usuarias e as instalacións do Centro.