Un ano máis, Aspromor sae á rúa para gozar dunha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta e participar en tódolos eventos que nos ofrece o programa.
Nesta ocasión tivemos a oportunidade de ver a exposición de fotografía situada no claustro do concello, pasear polas rúas para mesturarnos co ambiente festivaleiro que se respira neses días, visitar os postos de artesanía e tomar un refresco mentres desfilaban as bandas de gaitas.
Agradecer ó Concello de Ortigueira que tivo un detalle coa nosa asociación agasallándonos coas camisetas desta XXXI edición tanto para usuarios/as coma para o persoal do centro.









