Durante toda a semana pasada estivemos combinando o traballo nos talleres cos preparativos das festas do outono: O Magosto e o Samaín.
Primeiro fixemos unha colleita de castañas, levámolas ó invernadoiro e seleccionámolas. O día seguinte empezamos a decoración e elaboración de calabazotes para expoñer o día da festa.
O venres, decoramos o Centro Ocupacional con guirnaldas feitas polos usuarios/as do Centro de Día, ó largo da mañá fixemos colares e cucuruchos de castañas e pintamos as caras para a festa da tarde.
Aspromor continúa divulgando a cultura popular galega