Este ano celebrouse a segunda edición do Cine de Nadal. Esta iniciativa xurdiu o ano pasado promovida pola Residencia de ancianos e consiste en visionar unha película no Teatro de Beneficencia de Ortigueira. Este ano asistiron os nosos/nosas compañeiros/as de A Xanela de As Pontes.
Esta actividade interxeracional foi moi gratificante, xa que os usuarios/as de ASPROMOR puideron relacionarse e entablar lazos cos maiores da residencia e facer novos/as compañeiros/as.
Aspromor, a Residencia de Maiores e A Xanela posando para a foto
Escoitando o agradecemento de Gelo e o Alcalde de Ortigueira