Aspromor celebrou a festa dos “Maios” facendo honra os nosos antepasados campesiños e ataviándonos de vestimenta recordando tempos pasados.
Coma sempre, a celebración foi na Praza Isabel II e puidemos disfrutar dunha xornada interxeracional na que participaron os nenos e nenas de Patucos, Galiña Azul, C.EI.P Xosé María Lage e I.E.S de Ortigueira e Maiores da Residencia de Ancianos facendo a alfombra floral e leendo as diferentes coplas que tiñan preparadas.
Para finalizar o día, os/as usuarios/as de ASPROMOR cantaron a canción de “A sementeira” do emblemático grupo galego Fuxan os Ventos e acompañaron as súas voces con pandeiretas, cunchas, lata de pimentón e sacho.
Ademais os nosos bailadores Puri e Jesús montaron festa no torreiro a ritmo de muiñeira.