A semana pasada celebramos o noso tradicional Magosto no Centro Ocupacional de ASPROMOR.
Primeiro, desplazámonos a Soutomoro (Loiba) para facer a recollida. Despois de encher os baldes levámolas ó noso invernadoiro para sacalas dos ourizos e seleccionalas. Unha vez rematado o traballo cocéronse para comelas e facer fermosos colares.
Foi unha actividade moi enriquecedora xa que puidemos aproveitar o sol de outono para disfrutar do noso entorno.