Este ano tivemos a honra de participar no Festival de “As Letras Galegas 2018” organizado polo C.EI.P. Fraga Iribarne de Cariño.
Os/as usuarios/as de ASPROMOR ataviáronse de vestimentas labregas recordando os nosos antepasados e interpretaron “A sementeira” e “O carro” do emblemático grupo galego Fuxan os ventos.
A gaita, o bombo, as pandeiretas, as cunchas, o sacho e a lata de pimentón animaron a festa a ritmo de muiñeira mentres que algunhos usuarios/as refregaban o maínzo.
Moitas grazas ao C.E.I.P Fraga Iribarne de Cariño pola invitación e polo trato recibido… esperamos voltar moi axiña.