Como cada ano, os/as usuarios/as de ASPROMOR, participaron no encontro interxeracional de “Os Maios” organizado pola Residencia Dolores Díaz Dávila de Ortigueira.
Os/as usuarios/as de ASPROMOR colaboraron na elaboración da alfombra floral , na decoración da estructura do Maio, na árbore dos desexos a favor das mulleres e como broche final cantaron ” A sementeira” e “O carro” interpretando unha estampa labrega (refregando millo) das de hai algún día.
Tivemos a sorte de bailar ó son da Escola de Gaitas de Ortigueira e pasar unha mañá diferente rodeados/as de amigos e veciños de Ortigueira.
¡Viva os maios e viva ASPROMOR!