Esta semana tivemos a sorte de recibir unha visita moi especial, a marabillosa actriz de “SERRAMOURA” (serie da TVG) María Martínez.
María Martínez formouse na Escola de ficción que pertence a productora “Voz Audiovisual” ademais de facer diferentes cursos de cine, improvisación e doblaxe.
O mércores, visitou o Centro Ocupacional ASPROMOR para explicarnos como se roda un capítulo de Serramoura, os decorados, os diferentes planos, todo o tema de cámaras e micrófonos e un sin fin de curiosidades do mundo da farándula.
Incluso nos atrevimos a recrear a escena na que participa… así que invitámosvos a que vexades o capítulo 133 “Morrer en Serramoura” para que disfrutedes da actuación da nosa nova amiga (Filla do borracho)
Foi un pracer e esperamos que voltes a visitarnos axiña!
Graciñas María