Esta mañá os/as usuarios/as do Centro Ocupacional de ASPROMOR xunto ca os maiores da Residencia puideron disfrutar dunha reportaxe fotográfica da man da Asociación Calidrís (Asociación ornitolóxica de Ortigueira) que viaxou a Islandia.
Percorreron a illa en 11 etapas e alí puideron fotografíar distintas especies de paxaros e elementos da natureza como fervenzas, glaciares e cráteres.
Unha reportaxe maravillososa protagonizada por catro orteganos que nos trasladaron ,a través das súas cámaras, a 3000km de distancia para disfrutar das fantásticas paísaxes que nos agasalla esta illa.
www.calidris.es
Grazas 🙂