Somos un centro que presta un servizo de atención a persoas adultas con Discapacidade Intelectual (D.I.) situado no Concello de Ortigueira (A Coruña). A súa finalidade é de procurar a integración das persoas con D.I., mediante a realización de actividades de formación ocupacional, persoal e social. Os nosos obxectivos son os seguintes:
- Orientar e facilitar aos usuarios o acceso a recursos comunitarios (educativos, deportivos, culturais, sanitarios….) beneficiosos para o seu desenvolvemento persoal.
- Formar os usuarios en hábitos e habilidades laborais.
- Promover laboralmente os usuarios a centros especiais de emprego, empresas ordinarias, enclaves laborais, autoemprego… Con todo, non todos os usuarios poden alcanzar a promoción laboral, polo cal neses casos establécense obxectivos de incorporación a unha actividade produtiva de forma non rendible e con incentivos polo seu rendemento.
- Facilitar o desenvolvemento persoal dos usuarios, promovendo contornas e apoios adaptados ás necesidades individuais que favorecen a adaptación e a integración sociolaboral acorde coa súa condición de adulto.
- Apoio ás familias e responsables dos usuarios para conseguir os obxectivos propostos e mellorar a calidade de vida.