Taller de elaboración de fregonas

O Centro Ocupacional mantén un taller permanente de elaboración de fregonas no que os/as usuarios/ as do Centro desenvolven unha actividade semiproductiva. Cada usuario realiza unha tarefa diferente adaptada ás súas capacidades. O resultado final vai destinado ao mercado galego grazas á colaboración da empresa GADISA que compra e distribúe a produción de fregonas que se fan neste taller.

Este taller está destinado a persoas con necesidades de apoio intermitentes ou limitadas, cun nivel de autonomía e capacidades para participar neste tipo de actividade.

Os obxectivos xerais desta actividade son adquirir hábitos, destrezas e aptitudes beneficiosas desde o punto de vista psico-social e realizar un traballo real destinado ao mercado.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies