A Unidade de Día está destinada a usuarios/ as do Centro Ocupacional que presentan necesidades de apoio extensas. Algúns teñen unha idade avanzada, déficit de autonomía e dificultades motoras, relacionales e de comunicación. Neste momento a Unidade de Día está composta por 11 usuarios/ as.

Neste espazo os usuarios/ as adquiren hábitos de autonomía e rutinas diarias que favorecen a súa independencia e mobilidade corporal. Aprenden a relacionarse cos seus compañeiros/ as e co persoal adquirindo unhas pautas de comunicación verbal ou alternativa que favorezan a súa relación coa contorna e coas persoas.

As actividades que se realizan na Unidade de Día están orientadas a xerar unha contorna de confianza no usuario/a, utilizando para isto os talleres de psicomotricidade, plástica, de relacións coa contorna, de teatro, etc.

ASISTENCIA CALENDARIOLECTURAUNIDAD DE DIA Aspromor

Deixa unha resposta

*