O servizo de rehabilitación do Centro conta cun profesional fisioterapeuta que realiza unha intervención personalizada mediante un conxunto de métodos, actuacións e técnicas para previr, curar ou recuperar, adaptando a cada caso, as disfuncións que presenta cada persoa.

Ten por obxecto a valoración, diagnóstico, prevención e tratamento das discapacidades derivadas da enfermidade e/ou accidentes, utilizando para isto todos os métodos ao seu alcance encamiñados a facilitar, manter ou devolver o maior grado de capacidade funcional e independencia posible mellorando así a súa calidade de vida.