A nosa misión é apoiar ás persoas con discapacidade intelectual na realización do seu proxecto de vida mediante unha atención integral personalizada facilitando un entorno social normalizado en coordinación coas súas familias.
Os valores e principios da Asociación fundaméntanse na democracia interna e transparente da súa actuación e na solidariedade entre os seus membros. Defendendo os valores de consideración das persoas con discapacidade intelectual como suxeito de dereitos e valores, a importancia da familia, a calidade da actuación da organización e o interese da globalidade do colectivo de persoas con discapacidade intelectual.