Aspromor celebra unha xuntanza inclusiva polo 40 aniversario, este sábado en Ortigueira

  • Categoría da entrada:Prensa
  • Tempo de lectura:2 minutos de lectura

A Asociación Pro-Minusválidos de Ortegal (Aspromor), con sede en Ortigueira, pecha as celebracións do 40 aniversario cunha xuntanza inclusiva, este sábado, cun xantar con familias, empregados, membros da corporación municipal, traballadores sociais e voluntarios que axudan.

Ás 16.30, Kote Malabar ofrecerá o espectáculo Cirkote e ás 18.30 actuará Diego de Braelle, moi querido polos usuarios. Haberá música, photocall, algodón de azucre, petiscos, sorteos e detalles para as familias.

Deste xeito, as responsables do centro queren expresar o agradecemento polo apoio e a implicación da xente ás actividades que celebran ao longo do ano.

Fuente: La Voz de Galicia