Transporte adaptado

 Debido á dispersión xeográfica dos Concellos aos que atende Aspromor é necesario prestar un servizo de transporte. O noso Centro conta con varias furgonetas que fan tres rutas diarias. Establécese un servizo de transporte pola mañá e outro pola tarde entre as localidades de orixe das persoas usuarias e as instalacións do Centro Ocupacional e Centro de Día.

Comedor

 O Centro conta tamén cun servizo de comedor para prestar esta atención tanto ás persoas que diariamente acoden ao Servizo de Atención Diúrna Ocupacional e Centro de Día como ós usuarios e ás usuarias do Servizo de Atención Residencial.

Este servizo permite dar unha dieta equilibrada incluíndo, o mesmo tempo, todas as dietas especiais que sexan precisas tendo sempre en conta as prescricións médicas e de saúde de cada caso. Este servizo supón un recurso de apoio insubstituíble para estas persoas e para as súas familias ou titoras.

Atención e apoio ás familias

O obxectivo deste servizo e mellorar a colaboración entre os profesionais do Centro e as familias das persoas con discapacidade, promovendo unha intervención efectiva que mellore e favoreza o clima familiar, ofrecendo información e orientación, apoio emocional, formación a familiares, conciliación e respiro.

Respiro familiar

Aspromor conta cun servizo de respiro familiar, dirixido a familiares que conviven con persoas con discapacidade, co fin de facilitar a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral.

O obxectivo é facilitar ás familias servizos de atención temporal, favorecendo e mellorando as relacións familiares e sociais. Ademais permite prever e/ou paliar situacións de crises persoais e/ou familiares. Desta forma, favorécese a calidade de vida no núcleo familiar tanto da persoa con discapacidade como do seu entorno.

A duración deste servizo ven marcada pola situación familiar segun as súas necesidades e a dispoñibilidade do Centro para poder prestar o servizo.

Rehabilitación

Fisioterapia

O servizo de rehabilitación do Centro conta cun profesional fisioterapeuta que realiza unha intervención personalizada mediante un conxunto de métodos, actuacións e técnicas para previr, curar ou recuperar, adaptando a cada caso, as disfuncións que presenta cada persoa.

Ten por obxecto a valoración, diagnóstico, prevención e tratamento das discapacidades derivadas da enfermidade e/ou accidentes, utilizando para isto todos os métodos ao seu alcance encamiñados a facilitar, manter ou devolver o maior grado de capacidade funcional e independencia posible mellorando así a súa calidade de vida.

(incluír foto)

Psicomotricidade

A psicomotricidade céntrase no desenvolvemento das capacidades de expresión, creatividade e mobilidade a partir do uso do corpo. Isto permite coñecer o noso corpo en canto ao movemento, ademais de mellorar a coordinación, a motricidade e a axilidade dos /das usuarios/as.

Os/as usuarios/as traballan a psicomotricidade transversalmente nas diferentes actividades que se desenvolven no Centro, favorecendo o seu desenvolvemento persoal.

(incluír foto)

Programas

Programa de Axuste Psicosocial

Programa de Actividades Artísticas

Programa de Expresión Creativa

Programa de ocio e tempo libre

Deixa unha resposta

*