Este taller está formado por seis persoas con discapacidade do Centro Ocupacional apoiados por unha traballadora responsable do taller, que se encarga da formación dos usuarios. Desenvólvense aprendizaxes necesarias para realizar esta actividade que consiste na reparación de elementos compostos de plástico, tales como contedores, mobiliario urbano, embarcacións (Kaiaks), depósitos, envases, caixas, etc…
Para realizar estas reparacións trabállase con maquinaria e utillaje específico da actividade como fresadoras, cortadoras, lixadoras, amoladoras e extrusoras.
As reparacións non se fan con ningún elemento metálico (nin pletinas remachadas nin aparafusadas como viña facendo ata o de agora), senón cunha técnica especial moi nova de termosoldadura, ofrecendo desta forma unha mellor garantía.
Este taller ponse en marcha grazas á colaboración de varios Concellos (Ortigueira, Cariño, Mañón, O Vicedo, Viveiro, San Sadurniño, Valdoviño, Fene, As Pontes, Ares, Mugardos e Pontedeume), as lonxas de Cedeira, Cariño, Celeiro e Burela e empresas como Urbaser e Celta Prix. Todos eles participan coa Asociación neste novo proxecto poñendo ilusión en que se consolide nun futuro Centro Especial de Emprego que xere unha saída laboral ás persoas con discapacidade.